Admisión - Procedemento e datas

Normativa de admisión de alumnos

1.-Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2º ciclo ED. INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA.

  ORDE 12 DE MARZO 2013 (DOGA 15 MARZO 2013).pdf 

2.- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG Núm. 245, de mércores 26 de decembro de 2012) 

  ADMISIÓN EN CENTROS.pdf 

3.- Orde do 25 de xaneiro de 2017 publicada no DOG do 1 de febreiro que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.  

  ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2017

 4.- Anexo II de admisión actualizado no ano 2019.

DOCUMENTO DE ANEXO II

 

DOCUMENTACIÓN DE ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR 

Anexo II (Orde do 15 de xaneiro de 2017)

Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno

Datas: do 1 ao 20 de Marzo. 

Recoller a solicitude e entregala na secretaría do centro.Só se pode presentar unha única solicitude (ANEXO II) no centro de primeira opción. O alumnado con reserva de praza (ANEXO I) nun centro deberá comunicar á renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.

CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas. A presentación da documentación complementaria é VOLUNTARIA.  A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente

Datas: 10 días hábiles a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN

1.- Irmáns no centro. Copia completa do libro de familia e certificación da dirección do centro, ou resolución da Consellería de Traballo e Benestar no suposto de acollemento.

2.- Pais que traballen no centro. Certificación do centro

3.- Proximidade do domicilio familiar. Certificado do Padrón Municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A alta terá unha antigüidade mínima dun ano, (agás circunstancias xustificadas) e o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural que corresponda.

4.- Proximidade do lugar de traballo. (non acumulable con domicilio)

Traballadores por conta allea: Documento expedido polo empregador/a e copia do contrato de traballo.

Autónomos:  Alta censual inicial perante a AEAT, coas súas modificacións.

Persoal ao servizo das administracións públicas: Certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.

5.- Renda da unidade familiar. Autorización expresa para a utilización da información de carácter tributario polos dous proxenitores cónxuxes. 

Sumar casiñas 380+ 395 declaración 2019. 

Se o resultado é inferior 0,5 veces o IPREM:  3 puntos.

Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.

Se é igual ou superior  a 0,75 veces  e inferior ao IPREM: 1 punto.

Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos 

6.- Discapacidades. Certificación do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Traballo e Benestar, ou polo órgano competente das administracións públicas.

7.- Familia numerosa. Fotocopia do Título oficial.

8.- Familia monoparental. A definición de familia monoparental está contida no artigo 13 da Lei 3/2011 do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia.  Esta circunstancia acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia, resolución xudicial de separación ou divorcio, medidas paterno - filiais ou convenio regulador.

9.- Criterio complementario  establecido polo Centro. Cada centro sinalará a forma de acreditalo. No caso do noso Colexio:Pai, nai ou representante legal (algún deles), do alumna/o solicitante sexa antigo alumno do propio centro ou de outros Centros Educativos Vicencianos.

NOTA IMPORTANTE: A Documentación que se  presente debe ser orixinal ou copia cotexada.

DATAS A TER EN CONTA NO PROCESO

Do 1 ao 20 de marzo ambos os dous inclusive. Presentación de Solicitudes de admisión. Documentos a presentar :

1. Solicitude debidamente cuberta. (ANEXO II)

2. Fotocopia da folla de inscrición no libro de familia ou DNI.

3. Só en caso de NEAE (necesidades específicas de apoyo educativo): Achega da documentación pertinente 

10 días hábiles a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas.

Antes do 25 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 15 de maio. Publicación das listaxes definitivas

Do 22 de xuño ao 30 de xuño. Formalización da matrícula de  Infantil e Primaria.

Do 25 de xuño ao 12 de xullo. Formalización da matrícula en prazo  ordinario para alumnos ESO

Do 1 ao 10 de setembro. Formalización da matrícula en prazo extraordinario para alumnos ESO

 




@njpraga tweets